The Dears
The Dears | |
---|---|
Orixe | Montreal, Canadá |
Período | 1995 - presente |
Xénero(s) | indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Pheromone, Grenadine, MapleMusic, Bella Union, Arts & Crafts, Dangerbird, Albert, Arts & Crafts México |
Membros | Murray Lightburn Natalia Yanchak Jeff Luciani |
Artistas relacionados | Thrush Hermit, Pony Up |
Na rede | |
thedears.org | |
The Dears é unha banda canadense de indie rock procedente de Montreal, Quebec. O grupo está liderado polo matrimonio formado polo cantante e guitarrista Murray Lightburn e a teclista Natalia Yanchak. Ata a data a banda leva publicados sete álbums de estudio.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A banda formouse no ano 1995 e publicou o seu primeiro álbum de estudio, End of a Hollywood Bedtime Story, en 2000.[2] O seu son pop escuro e orquestral e os seus dramáticos concertos situaron a The Dears como parte do emerxente renacemento do indie canadense da época.
En 2001 e 2002 a banda publicou os EPs Orchestral Pop Noir Romantique e Protest, ademais dunha colección de cancións inéditas, Nor the Dahlias. En 2003 editaron o seu segundo álbum de estudio, No Cities Left, e unha serie de concertos no festival SXSW '04 lanzou a súa carreira internacional.[3]
The Dears xirou estensamente polo Canadá, os Estados Unidos, Europa, Xapón e Australia promocionando o lanzamento internacional de No Cities Left e regresou ao estudio de gravación en 2005. Gang of Losers foi publicado en 2006 e foi ben recibido pola prensa.[4]
The Dears tiveron actuación de alto perfil como abreconcertos para Sloan, The Tragically Hip, Keane, The Secret Machines e Morrissey, con que se adoita a comparara a Lightburn. A súa música foi descrita como un cruzamento entre The Smiths e Serge Gainsbourg coa voz de Lightburn sendo relacionada coa de Morrissey e a de Damon Albarn. A complexidade da súa música e arranxos tamén foi comparada con Radiohead, Jethro Tull e Genesis. Os potentes concertos de The Dears foron descritas como "...o equivalente sonoro de ver a cara de Deus".[5]
O 10 de xullo de 2007 o álbum Gang of Losers foi nomeado á lista curta do Polaris Music Prize.[6] O seu seguinte álbum, Missiles, foi editado o 20 de outubro de 2008 no Reino Unido e no día seguinte en Norteamérica.
O 15 de febreiro de 2011 The Dears publicaron o seu quinto álbum de estudio, Degeneration Street. O álbum foi nomeado á lista longa do Polaris Music Prize dese ano.[7]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
End of a Hollywood Bedtime Story | 2000 | Grenadine Records |
No Cities Left | 2003 | MapleMusic Recordings |
Gang of Losers | 2006 | MapleMusic Recordings, Arts & Crafts, Bella Union |
Missiles | 2008 | Dangerbird Records, MapleMusic Recordings |
Degeneration Street | 2011 | Dangerbird Records, Pheromone Recordings |
Times Infinity Volume One | 2015 | Dangerbird Records |
Times Infinity Volume Two | 2017 | Paper Bag Records, Dangerbird Records |
Lovers Rock | 2020 | Dangerbird Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Dears". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-04-20.
- ↑ Carpenter, Lorraine (2011). The Dears: Lost in The Plot. Montreal, QC: Invisible Publishing. ISBN 192674313X
- ↑ "Drowned in Sound - Reviews - Albums - The Dears - No Cities Left". web.archive.org. 2007-02-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 2020-04-20.
- ↑ "Gang Of Losers by The Dears" (en inglés). Consultado o 2020-04-20.
- ↑ "Chart Attack - Best Magazine 2020". Chart Attack (en inglés). Consultado o 2020-04-20.
- ↑ "Gang of Losers". Polaris Music Prize (en inglés). Consultado o 2020-04-20.
- ↑ "Polaris Music Prize Reveals 2011 Long List". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-04-20.